Saturday 11 de May de 2024

Últimos días para anotarse no curso de monitor de comedor e transporte escolar do Concello de Brión


O Concello de Brión organiza un curso de monitor de comedor e transporte escolar que se impartirá do 3 de abril ao 19 de xuño na Casa da Cultura e na aula CeMIT do municipio. As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 509 908 ou no mail empregobrion@gmail.com antes deste mércores 28 de marzo.

O prezo do curso é de 30 euros e hai dispoñibles un máximo de 20 prazas, dirixidas a persoas maiores de 16 anos. As clases terán lugar os martes e xoves entre o 3 de abril e o 19 de xuño, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Durante ese tempo, o alumnado aprenderá distintos coñecementos e habilidades tales como pedagoxía do ocio e do tempo libre, lexislación, alimentación e nutrición, primeiros auxilios, manipulación de alimentos ou xogos e dinámicas.